O Museo de Pontevedra clausura a exposición centrada en Otero Baena

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo o Museo de Pontevedra clausura no Edificio Castelao a mostra José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis. Trátase dunha mostra antolóxica dedicada ao artista de Bueu, falecido en 2017 e na que se aprecia como «foi desenvolvendo un estilo persoal e unha linguaxe propia, baseada na importancia da cor, na que substituíu o pincel pola espátula, coa que modelaba o pigmento aplicado con agresividade. Deste xeito conseguiu unha forte intensidade cromática, convertendo a cor na protagonista das súas composicións», destacaron ao respecto.

Ramón Leiro

Ademais, a biografía e obra artística de Otero Baena está recollida tamén no catálogo que acaba de publicar o Museo, que inclúe os 39 óleos e debuxos que forman a exposición, datados entre os anos 1949 e o 2016.