A Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Markus Stenz, actúa en Afundación de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Maximilan Heliger

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida polo alemán Markus Stenz, protagonizará este xoves, a partires das 20.30 horas, o primeiro dos concertos que se van celebrar este ano no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra. A velada, na que colabora a Sociedade Filharmónica de Pontevedra, comezará cunha obra de Louise Farrenc (1804-1875), compositora e intérprete francesa que, para moitas voces especializadas, foi unha das creadoras inxustamente pouco recoñecidas na súa época e na historia da música.

Maximilan Heliger

concerto continuará cunha obra contemporánea, do pianista e compositor estadounidense Lowell Lieberman (1961), e completa o repertorio a Sinfonía nº 1 2, op.61, de Robert Schumann (1810-1856).

Nesta ocasión, ao fronte da Sinfónica de Galicia estará o alemán Markus Stenz (1965). Na súa sólida traxectoria musical, dirixiu formacións como a Orquestra Filarmónica da Radio dos Países Baixos, a Filharmónica de Seúl, a MDR-Sinfonieorchester de Leipzig ou a Filharmónica de Stuttgart.

AFUNDACIÓN

As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.