O Cineclub de Pontevedra pecha a programación deste 2024

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CINECLUBE PONTEVEDRA

01 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Cineclube Pontevedra despide a programación de 2024 este martes (20.30 h.) coa proxección no Teatro Principal do clásico brasileiro A hora da estrela, que vén de estrearse en salas nunha nova versión restaurada por Vitrine Filmes. Baseado na obra homónima de Clarice Lispector, proxectarase no Teatro Principal en versión orixinal (portugués) subtitulada.