Pontevedra revive a Outubrofest, nesta ocasión, con cambio de emprazamento
PONTEVEDRA CIUDAD
Unha das novidades deste ano é a posibilidade de degustar sidra
31 oct 2024 . Actualizado a las 12:38 h.Promovido polo Pontevedra Rugby Club este xoves, a partires das 12.30 horas, arranca unha nova edición do Outubrofest, cita que, nesta ocasión, abandona o seu emprazamento habitual na praza de España para ubicarse na Alameda. Así, ata o 3 de novembro será posíbel maridar as diferentes variedades de cervexa con salchichas, coa novidade de que nesta ocasión poderase degustar sidra, ademais de que se manteñen as opcións vegana e sen glute sen esquecer o codillo elaborado en forno de leña.
En canto á programación, a inauguración oficial será ás 13 horas deste xoves, mentres que dende as 20 horas desenvolverase a Noite de Galloguin ata o peche coa medianoite. Xa o venres celebrarase o Día das familias e procederase á entrega do Premio máis que rugby (13.30 h.), mentres que o sábado haberá unha sesión de vermú especial, das 13 ás 15 horas, e o domingo, día da clausura, a salchicha deixará todo o protagonismo ao codillo nunha xornada na que a carpa pechará, á diferenza do resto de días, ás 22 horas.