O'Leo de Matamá desembarca con «Verba Estirpe» no Sanatorio de Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

A cita, con billeteira inversa, é este sábado en sesión vermú
16 oct 2024 . Actualizado a las 16:59 h.Este sábado, a partires das 13 horas, O’Leo de Matamá, alter ego de Leonardo Fernández Campos, presentará o seu novo proxecto, Verba Estirpe, nas instalacións do Sanatorio de Pontevedra nunha sesión vermú. Trátase dunha iniciativa que funciona, no caso da entrada e das bebidas, polo formato de billeteira inversa. Isto é, cada asistente decide, ao termino da sesión, pagar o que considere xusto.
No que respecta a Verba Estirpe, Leonardo Fernández recupera poemas da tradición cultural galega dende a Idade Media ata principios do século XX, de tal xeito que levará ata O Sanatorio a primeira parte deste traballo que, globalmente, abarca un total de vinte temas. Deste xeito, en Pontevedra recalará cos cinco primeiros que están asinados por Afonso X, Dom Dinis, Rosalía de Castro, Curros Enriquez e Ramón Cabanillas.