O programa Apego achega ás familias en Pontevedra o oficio de canteiro

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

emilio moldes

05 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Nova sesión do programa de actividades Apego, iniciativa que impulsa o Concello de Pontevedra con actividades dirixidas ás nais e pais, para darlles a coñecer recursos que sirvan para activar ou enriquecer a lingua que se fala en familia coas crianzas, e tamén para promover espazos de socialización en galego para as familias con nenas e nenos até 6 anos. Así, este sábado, a partires das 11.30 horas, Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode desenvolverán Oficios e Saberes: Canteiros na Ermida de San Cibrán de Tomeza.

Trátase dunha actividade de balde para gozar en familia especialmente deseñada para nenos maiores dos 3 anos.