Titirivedra recala na Alameda de Pontevedra cos mellores espectáculos de monicreques

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CONCELLO DE PONTEVEDRA

O ciclo desenvolverase do 15 ao 21 de xullo

10 jul 2024 . Actualizado a las 17:24 h.

Entre o 15 e o 21 de xullo, a Alameda de Pontevedra acollerá todas as tardes, a partires das 19 horas, unha nova edición de Titirivedra. Esta cita ten previsto programar algúns dos máis renomeados espectáculos teatrais de monicreques do país. De feito, o O edil de Festas, Demetrio Gómez, sinalou que sete compañías, cinco galegas e dúas portuguesas, con outros tantos espectáculos son as que conforman.

«Seremos a referencia dentro de Galiza deste tipo de espectáculos que teñen unha fonda tradición no país», indicou o edil. «Queremos ter un sitio neste eido. Son espectáculos para crianzas e son espectáculos de altísima calidade que abren a porta a un repaso por distintos clásicos da historia da literatura», engadiu.

Demetrio Gómez estivo acompañado por membros da compañía Tanxarina, que pechará o ciclo con Titiricircus, unha obra teatral que é en si mesma unha referencia. Toda vez que logo de máis de 1.500 funcións é a obra teatral en galego máis veces representada -polos seus creadores orixinais- no mundo, destacaron dende o Concello de Pontevedra.

O resto da programación arrancará o luns con As mil e Uma Noites, de Caricata Teatro. Posteriormente, desenvolveranse O galo Quirico, de Títeres Seisdedos (16 de xullo); Novos lobos, de Fantoches Baj (17); Raio The Loubicán, Títeres Mircromina (18); A pita xefa, de Títeres Alkrán (19) e Polichinela titor de Pierrot, de Danthea Teatro o sábado 20 deste mes.