La Bellemont levará o barroco francés ao Museo de Pontevedra

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

MUSEO DE PONTEVEDRA

08 jul 2024 . Actualizado a las 17:39 h.

O Museo de Pontevedra recibirá este venres ás sete da tarde o segundo concerto das XV Noites de Música Antiga, protagonizado pola formación española La Bellemont.

La Bellemont, considerada pola crítica especializada como «o ensemble español de referencia na interpretación de música francesa», é un trío constituído por Sara Ruiz como viola de gamba, Rafael Muñoz na tiorba e Laura Puerto no clavicémbalo. Os seus discos previos acadaron distincións internacionais, como a candidatura aos International Clasical Music Awards, e actualmente están preparando o álbum que pechará a súa triloxía sobre música barroca francesa.

No seu concerto no Edificio Castelao presentarán o programa Le jeu parlant. A música como discurso sonoro na Francia barroca, co que se aproximarán á escritura para viola de gamba de Marin Marais e François Couperin.

A presente edición das Noites de Música Antiga pecharase o seguinte venres, 19 de xullo, co concerto da formación cubana Ars Longa, especializada na interpretación historicamente informada. Todos os concertos do ciclo son de entrada libre, aínda que é preciso inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal.