
Sanxenxo, Vilaboa, Bueu e Campo Lameiro teñen programadas distintas actividades
19 may 2024 . Actualizado a las 19:38 h.Ao longo dos próximos días distintos concellos da bisbarra de Pontevedra continúan coas celebracións polo Día das Letras Galegas que se celebrou este venres en homenaxe de Luísa Villalta. De feito, este sábado desenvolveuse na cidade do Lérez, impulsada polo C.S. A Pedreira, a segunda e derradeira xornada da Festa da Língoa.
Festival das Letras
Hoxe • 19 horas • O Revel • O CEIP O Cruceiro de Vilalonga, en Sanxenxo, acolle este domingo o Festival das Letras, acto conmemorativo das Letras Galegas que organiza a asociación +Q Cantigas e o Concello de Sanxenxo.

«Made in Galiza»
Hoxe • 19 horas • Centro Social do Mar • Este domingo, a compañía Sarabela Teatro representará Made in Galiza, que se poderá ver de balde, no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. A obra está baseada nun libro de Sechu Sende que reflexiona sobre cuestións sociolingüísticas dende unha ollada humorística e con situacións cotiás.
Sanxenxo
«Made in Galiza»
Luns, 20 de maio • 18.30 horas • Biblioteca de Vilalonga • O Concello de Sanxenxo segue coa súa programación de Sanxenxo Fala coa posta en escena a cargo de Expresión Produccións do seu espectáculo Conto Aventuras.

Club de lectura
Martes, 21 de maio • 20 horas • BiblioCRA • Nova sesión do Salinas Club de Lectura para analizar a obra O mar que nos leva, da escritora Moncha Fuentes.

Viaxe polo metaverso
Ata o 5 de xuño • Horario de apertura • Biblioteca Municipal Irmáns Ricoi • Campo Lameiro acolle a mostra Viaxe polo Metaverso con Luísa Villalta, que inclúe carteis elaborados polo CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense, un traballo que destaca polo seu carácter innovador ao nos amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que nos convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional.