Mourente reparte dende Pontevedra o mellor caldo do mundo

PONTEVEDRA CIUDAD

11 mar 2024 . Actualizado a las 10:49 h.

Esta fin de semana, a parroquia de Mourente está a celebrar a súa cita gastronómica máis importante, a trinta e dous edición da Festa do Caldo de Mourente. Durante a presentación desta cita, a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, destacou que se trata «dunha festa totalmente instaurada no imaxinario colectivo pontevedrés», polo que agradeceu o esforzo a todos os cabaleiros do caldo que fan posíbel esta festa, poñendo en valor «unha tradición galega que nos fai degustar o mellor caldo do mundo».

O presidente da asociación, Santiago Laya, trasladou o seu agradecemento ao Concello de Pontevedra recoñecendo que sería imposíbel a súa realización sen o apoio da Administración local. «Esta é unha festa sen ánimo de lucro, cuns prezos moi baixos», resaltou destacando o feito de que, ao igual que en edicións anteriores, «virá xente de todos os lados, máis aló de Mourente e Pontevedra».

En canto á festa en si, dende o Concello de Pontevedra precisaron que «seguirá o camiño doutras edicións». Deste xeito, este sábado desenvolveuse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, ademais da mostra de capas, desenvolverase o nomeamento de novos cofrades ás concelleiras Eva Vilaverde e María Xosé Abilleira; ao presidente e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Luis López y Rafa Domínguez; ao presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas; ao xeneral xefe da Brilat, Alfonso Pardo; e ao comandante director da Escuela Naval de Marín, Pedro Cardona.

Pola súa banda, hoxe desenvolverase o evento gastronómico cuns prezos de 2,50 euros a cunca serigrafiada de caldo, «con dereito a repetir»; e 6 euros a cazola de cocido.