
Este sábado, a partires das 20 horas, o cantante e compositor Javi Maneiro pechará no Teatro Principal de Pontevedra a xira de inverno de presentación do seu cuarto álbum en solitario, Un bonito despertar. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
Neste novo traballo, o tamén vocalista de Heredeiros da Crus e Jabón Blueasume tanto a autoría da música coma das letras. Logo do lanzamento de Un bonito despertar en maio e da estrea ao vivo na Sala Capitol en xuño, o músico por fin levouno a sete localidades do país grazas ao apoio da Xunta de Galicia. Así chega a Pontevedra tras visitar Boiro, Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo e Ferrol.
Sobre o escenario, o cantante, que iniciou hai unha década a súa carreira en solitario, acompañarase dunha banda conformada para a ocasión por Manu Rey (batería), Pachi Cruz (baixo), Rubén Cores (guitarra), Fernando Calvo (Guitarra) e Iria Iglesias (teclados).