Dous centros públicos de Caldas súmanse a unha campaña para difundir o uso do galego no comercio local
CALDAS / LA VOZ
PONTEVEDRA CIUDAD
Participan na iniciativa alumnos do CPI Alfonso VII e do IES Aquis Celenis do municipio
22 feb 2024 . Actualizado a las 16:29 h.O alumnado de dous centros educativos de Caldas de Reis, o CPI Alfonso VII e o IES Aquis Celenis, participa xunto co doutros 180 centros educativos galegos na campaña Aquí tamén se fala galego. Trátase dunha iniciativa creada polo IES Rafael Dieste da Coruña para difundir o uso do galego nos comercios locais.
Según explica a profesora Cruz Buján, a rapazada dos institutos de Caldas iniciou unha distribución de carteis, que aínda segue en marcha, co lema #aquitamensefala en máis de 50 negocios da vila e das parroquias do concello para tentar promover o uso da nosa lingua na contorna. Nesta campaña de normalización lingüística é a xente nova a que toma a iniciativa de convidar a proxectar a imaxe do galego «como lingua viva e con futuro».