Pontevedra acolle unha exposición fotográfica como homenaxe ás vítimas do golpe do 36

PONTEVEDRA CIUDAD

Rafa Estevez

03 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Este luns, a Deputación de Pontevedra inaugura na cidade de Pontevedra a súa campaña de Memoria Histórica E se fose hoxe? Trátase dun proxecto fotográfico que pretende homenaxear ás vítimas do golpe de 1936 que defendían á liberdade, de tal modo que a iniciativa coloca a persoas actuais no lugar de quen ocupaba daquela o seu mesmo cargo, vivindo as diferentes situacións de represión que se sufriron tralo alzamento: asasinatos, exilios, incautacións, vexacións sexistas, represións económicas, agochamentos...

O proxecto materializarase nunha exposición que se inaugurará diante na praza de España de Pontevedra ás 19 horas coa presenza de participantes, familiares das persoas homenaxeadas. E o caso de María Josefa Carrasco, filla de Dámaso, ou Manolo Puga, neto de Ernestina Otero. O acto estará amenizado musicalmente por Sheila Patricia.

Ademais, distribuirase un catálogo coas fotografías da campaña acompañadas polas imaxes das persoas homenaxeadas.