Un concerto de arpa no Museo de Pontevedra para achegar o legado musical do exilio republicano

PONTEVEDRA CIUDAD

A amúsica de Salvador Bacarisse, compositor exiliado en París en 1939, soará a través da arpista viguesa Alba Barreiro
25 may 2023 . Actualizado a las 16:12 h.Contrapuntos é a proposta coa que o Museo de Pontevedra conmemorará este venres, a partires das 19 horas no Edificio Castelao, o Día de lembranza e homenaxe ás vítimas do exilio. Trátase dunha iniciativa que achegará a música de Salvador Bacarisse, compositor exiliado en París en 1939, a través da arpista viguesa Alba Barreiro e dunha conversa con Salvador Bacarisse Cuadrado, fillo do compositor.
Deste xeito, segundo destacaron dende o Museo, Contrapuntos convertese nunha acción de sensibilización e divulgación de memoria histórica tomando como «fío condutor a música como patrimonio e expresión artística, e presenta os relatos vivos das familias e descendentes que viviron a represión e o exilio da Guerra Civil». Con este trasfondo, Alba Barreiro ofrecerá un concerto no que presentará «repertorio inédito para trío con arpa de Salvador Bacarisse (Madrid, 1898 ? París, 1963), compositor integrante do Grupo dos Oito e Premio Nacional de Música en diversas ocasións».
Estará acompañada pola violonchelista viguesa Margarida Mariño e o frautista ferrolán Pablo Díaz Mera na interpretación da Sonata en trío op.13, así como tres pezas de Xesús Bal y Gay, que foi estreada o 3 de agosto de 1945 pola Orquesta Sinfónica de México.
Esta actividade está comisariada por Samuel Diz, músico e investigador do legado cultural do exilio republicano.
Conversa co fillo de Bacarisse
En canto a conversa co fillo do compositor, Salvador Bacarisse Cuadrado (Madrid, 1923), dende o Museo de Pontevedra incidiron que «lembrará como chegou co seu pai a París portando unicamente uns billetes inservibles da República e os manuscritos musicais. Na actualidade estes documentos consérvanse na Fundación Juan March e foron obxecto de estudo nas investigacións de Alba Barreiro».