13 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
A partires das 20.30 horas de hoxe, o Espazo Gastronómico do Mercado de Abastos de Pontevedra acolle a estrea do documental Os pousos do café, «unha historia de amizade ligada ao comercio xusto en El Salvador coa presenza da súa protagonista, Ana María Gutiérrez, produtora de café no país centroamericano», así como tamén estará Paula Molina, traballadora da cooperativa Ataisi na República do Salvador.
Cunha duración de vinte minutos, esta peza audiovisual foi realizada por Agareso en colaboración coa Coordinadora Latinoamericana e do Caribe de Pequenos(as) Produtores(as) e Traballadores(as) de Comercio Xusto (CLAC) e conta con financiación da Xunta de Galicia a través do fondo de Cooperación Galega.