A concelleira de Cultura, Carme Fouces fai unha valoración «moi positoiva» tras 17 días con máis de 300 actividades
08 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra pechou este domingo as portas dunha das edicións máis espectaculares da súa xa longa historia. Baixo o lema Libros para xogar, O Salón foi un gran escenario de xogos, literatura, teatro, danza, música, exposicións... máis de 300 actividades que encheron o Pazo da Cultura de Pontevedra durante 17 días.
Dou actos marcaron a derradeira xornada: a homenaxe que O Salón prestou á ilustradora María Fe Quesada e ao escritor Manuel Lourenzo; e o espectáculo de clausura Contos do grunge, a cargo de alumnos de 4 a 9 anos do RockLab.
A concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, fixo unha valoración «moi positiva» desta edición do Salón. «A pandemia fixo algo a favor: ser conscientes do que perdemos e agora que o recuperamos, a xente o abrazou dunha forma alucinante».
Agradeceu a labor de todos os que traballaron nestes días no Salón —«que ademais dos meses de traballo previo viviron literalmente aquí dentro estes días para que todo saíra ben»— , e por suposto, tivo recoñecemento para os miles de persoas de todas as idades que pasaron polo Salón nesta edición. A festa de clausura pechouse con máis de setenta persoas xuntas cantando no escenario.