O As Torres-Romaría Vikinga, sétimo no Campionato de España de Inverno

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

MONICA IRAGO

O título de C1 Júnior de Pedro Torrado encabezou os resultados do club de Catoira en Sevilla

21 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Seis medallas foron o botín individual que a armada arousá conquistou a pasada fin de semana no Campionato de España de Inverno de piragüismo, que sobre a distancia de 5.000 metros, repetiu a súa tradicional función de proba de apertura do calendario nacional de esprint en Sevilla. A nivel colectivo, entre os cinco equipos arousáns desprazados ata Andalucía, salienta un nome propio: As Torres-Romaría Vikinga.

O club catoirense, o que máis forte apostou por sumar puntos na primeira proba da Liga Nacional de Esprint Olímpico desprazando a 16 padexeiros, rematou na séptima praza da clasificación xeral por equipos, con 1.074 puntos. Foi o terceiro mellor club galego tras o Kayak Tudense, segundo da xeral con 2.024 puntos, polos 2.265 do campión Escuela Piragüismo Aranjuez, e o Ciudad de Pontevedra, sexto con 1.311.

O As Torres-Romaría vikinga rematou quinto na clasificación final masculina, grazas ao seu sexto posto na categoría sénior —o Breogán foi sétimo— e o noveno na xuvenil.