Récord de participación infantil na carreria de San Brais, en Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

29 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Veciñal Salcedo Norte organiza dende este domingo as Festas de San Brais 2023. Nesta xornada desenvolverase a XI Carreira Pedestre de San Brais, que conta con 349 persoas inscritas, das que 150 son adultas e 199 nenos, cifra récord de participación infantil.

As distintas categorías da proba popular saíran do estacionamento do centro comercial entre as 11.15 e as 12.30 horas: chupetes (0 a 4 anos), que cubrirán unha distancia de 100 metros; pitufos (5 a 7 anos), 250 metros; benxamíns (8 a 9 anos) e alevíns (10 a 11 anos), 500 metros; infantís (12 a 13 anos), 800 metros; e cadetes (14 a 15 anos) e xuvenís (16 a 17 anos), 1.450 metros. Ao remate das mesmas, dará comezo a carreira na categoría absoluta cun novo itinerario.