Discurso de Judith Rey al recoger el premio Cidade de Pontevedra

Judith Rey Iglesias

PONTEVEDRA CIUDAD

Entrega de los premios Cidade de Pontevedra. Judith rey, durante su discurso de agradecimiento en nombre de la Orquestra Sinfónica
Entrega de los premios Cidade de Pontevedra. Judith rey, durante su discurso de agradecimiento en nombre de la Orquestra Sinfónica Ramón Leiro

«A nosa pretensión é facer música de diferentes xéneros e estilos, enfocada a tódalas idades, dende nenos a maiores» 

20 ene 2023 . Actualizado a las 17:39 h.

É un pracer para mín estar hoxe aquí como presidenta e representante da Asociación Cultural da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, para recibir este grandísimo recoñecemento.

Normalmente non teño por hábito levar papel, pero hoxe considereino moi necesario porque non quería deixarme a ninguén atrás.

Quería agradecer primeiro ao Excelentísimo Concello de Oontevedra, ao noso alcalde, Miguel Anxo fernández Lores, e á miña benquerida Carme Fouces, concelleira de Cultura.

Reitero sempre as miñas verbas: grazas!! porque sin o seu apoio e confianza nos nosos proxectos, a nosa evolución como orquestra non houbera sido posible.

Grazas tamén a tódolos membros do xurado, membros da corporación municipal e das forzas vivas da cidade, e ao noso público por propoñernos e elixirnos como candidatos a recibir este premio.

Somos unha asociación que naceu no ano 2006, na que un grupo de instrumentistas tiñamos afán por tocar e levar a nosa música por toda a cidade, e decidimos xuntar a máis músicos que tiveran as mesmas expectativas: integrarnos no contexto social, educativo, cultural e artístico de Pontevedra, e por extensión de toda Galicia.

E de súpeto, despois dun ano de ensaios, conseguimos facer o noso concerto de presentación en xuño de 2007. dende ese ano, todo foi in crescendo: actuamos polos diferentes auditorios de galiza, colaboramos con solistas de índole nacional e internacional, asociacións de música tradicional, coros, danza,… e ademais conseguimos crear canteira e somos xa tres orquestras: a orquestra infantil con nenos e nenas de 6 a 12 anos, a orquestra xove de 13 a 26, e a orquestra «dos maiores» como eles nos chaman, con músicos de tódalas idades, na que participan xa moitos rapaces da xove.

Pola asociación pasaron varios membros directivos, músicos galegos e extranxeiros que traballaron a prol da evolución da nosa asociación, sendo ademáis moitas as familias que confiaron no noso traballo dende o primeiro día, así que grazas tamén a todos eles, porque o premio é labor de todos.

A nosa pretensión é facer música de diferentes xéneros e estilos, enfocada a tódalas idades, dende nenos a maiores, e impulsar ademáis a perspectiva de xénero, unha iniciativa que pretende poñer nome a tódalas mulleres que hai detrás da música clásica, dende compositoras, a instrumentistas e directoras.

Éstes últimos días, a prensa preguntábame como acollíamos este premio, e a miña resposta era: de emoción e motivación total. Así é, … que cando Miguel Anxo Fernández Lores me chamou por teléfono, púxenme tan feliz que non o deixaba falar, pídolle as miñas máis sinceiras desculpas por tanta impulsividade .

Foron varias as ocasións nas que nós como músicos estabamos neste lado do escenario poñendo música a este acto, e mentres se facía a entrega dos premios a outras persoas e asociacións (sempre moi merecidos), eu pensaba: «Buff… oxalá algún día puidera estar eu ahí recollendo este premio». E o día chegou!! Así que, qué máis podo engadir: que estou feliz!!!!

E remato dándolle os meus parabéns a Maite pola súa traxectoria profesional e persoal, e por dar visibilidade ás aptitudes e actitudes deportivas de tantas mulleres ao longo destes anos.

Moitas Grazas!!!!!!