O tempo de Nadal adiantase en Pontevedra nos Viveiros O Piñeiro

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

22 nov 2022 . Actualizado a las 10:03 h.

É unha das citas máis agardadas do Nadal de Pontevedra dende que no 2017 se cruzaron os camiños da xerencia do Centro Comercial Viveiros O Piñeiro e de Nelson Quinteiro. Dese encontro xurdiu un modelo de festival navideño que ilusiona a maiores e pequenos. «A unión do aspecto escenográfico, as atmosferas e decorados creados e as propostas artísticas e de animación postas en escena deron en armar unha «experiencia de Nadal para toda a familia» dificilmente igualable», destacan ao respecto dunha iniciativa que só viu freada a súa progresión pola irrupción da pandemia do covid-19.

Coa eliminación das restricións sanitarias, O Bosque de Nadal volta con forza cunha serie de actividades onde a novidade máis especial é a posta en marcha dun decorado moi especial. Neste espazo coñecido como O Lugar onde habitan todos os contos residen algúns dos persoeiros máis recoñecidos do mundo dos contos... A Bela Dormente, A Ratiña Fachendosa, O Gato con Botas, O Fada Madriña, O Ratiño Pérez, Os sete cabritos ou o Frautista de Hamelín... campan, xunto cos trasnos de Nadal, por este mundo ao revés, por este pobo de ensino.

E todo iso acompañado por un espectáculo de microteatro e contacontos creado exclusivamente para este espazo. Iso si, hai que ter en conta que estas visitas guiadas son con aforos reducidos e prazas limitadas polo que é necesaria a inscrición previa na web www.opineiro.es. Os horarios das mesmas son, os venres ás 17, 18 e 20 horas, mentres que os sábados cada hora en punto entre as 11 e as 13, e de 17 a 19 horas. O custe da entrada é de 5 euros, aínda que están previstos descontos en grupos a partir de catro persoas ou visitas escolares —de luns a xoves en horario de mañá e tarde, e os venres só en horario de mañá—.

E tratándose do Bosque de Nadal hai un persoeiro que non podía faltar a súa cita con O Piñeiro. Non é outro que Papá Noel, que xa confirmou a súa presenza, de xeito gratuíto e sen necesidade de inscrición previa, nas instalacións da estrada de Vilagarcía en tres datas moi concretas: o 26 de novembro e 3 e 10 de decembro entre as 17.30 e as 19.30 horas.

Desde O Piñeiro destacan que «haberá churrería, recepción de Papá Noel, pasarrúas de Nadal polas nosas instalacións, concertos e animación para celebrar a chegada das festas máis doces do ano».