Obradoiro de fotografía no Museo de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

MUSEO DE PONTEVEDRA

21 nov 2022 . Actualizado a las 17:21 h.

Dentro das actividades paralelas á exposición Sombras atlánticas. Retratos da arte galega, a mostra fotográfica de Anxo Cabada que se exhibe no Edificio Castelao, todos os xoves o equipo educativo do Museo de Pontevedra ofrece as claves da exposición, unha introdución ao proxecto expositivo para facilitar unha mellor comprensión da mostra.

MUSEO DE PONTEVEDRA

De igual modo, este sábado, ao igual que os vindeiros 26 de novembro e 10 de decembro, programouse un do tres obradoiros de retrato fotográfico impartidos por Luis Pereira. Trátase dun obradoiro de «retrato resolutivo» para que os participantes obteñan un método de traballo efectivo para retratar de maneira resolutiva e co menor equipo posible, aproveitando ao máximo a luz.