«París, distrito 13», na programación do Cineclube de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CEDIDA

02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Cineclube de Pontevedra confirmou que a programación de outubro empezará este martes coa proxección de París, distrito 13, de Jacques Audiard. Dado que se trata dunha asociación «sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades», son tres as opcións para asistir ás exhibicións no Teatro Principal (20.30 horas) das películas en versión orixinal subtitulada

Por unha banda, unha cota anual de 60 euros, unha trimestral de 18 euros ou unha prorrogada de 3 euros por pase.