¿Que facer este sábado?

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

NELSON QUINTEIRO

01 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende festas parroquiais ata música polas rúas de Pontevedra polo Día das Persoas Maiores... Estas son algunhas propostas para este sábado en Pontevedra e na súa contorna.

 

Pontevedra

NELSON QUINTEIRO

Día das Persoas Maiores

Hoxe • 11 horas • Itinerario cantado e Mais Cantos e Nelson Quinteiro polas rúas con saída dende a praza de Ourense, diante da letras de Pontevedra, para facer escadas en Peregrina, Curros, Praza de Abastos rematando cun acto institucional e concerto na Praza da Verdura. Neste punto farase a leitura do Manifesto Oficial das Persoas Maiores de Pontevedra para rematar cun concerto a cargo do grupo Mais Cantos e músicos e artistas convidados.

.  

Cerdedo-Cotobade

BASILIO BELLO

Música tradicional

Hoxe • Todo o día • Casa da Gaita (Viascón) • Dende as 10.15 horas, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a décima edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional. O programada comprende as seguintes actividades: Relatorio sobre «Concha do Canizo. O Pandeiro Cadrado na Terra das Frieiras», por Xulia Feixoo (10.30 horas); presentación de «Damas e ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo», de Guillerme Ignacio Costa (11.30 h.); conferencia «Pandereteiras de Mens: de cando a oralidade invisíbel pasou a visíbel», por Beatriz Busto Miramontes (12.10 h.), presentación de «O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago», de Jose Manuel Salgado Mosquera, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea e Francisco Luengo (13.10 h.), así como de «A Gaita na Terra de Melide», de Suso Ascariz (16.30); relatorio sobre o «Proxecto Avareira: A trompa na Fonsagrada, Os Oscos e Taramundi», por parte de Riedrich Bramsteidl, Paz Prieto, Juan Carlos Quintana e Daniel do Pando (16.50 h.); presentación do «Cancioneiro da Ribeira de Piquín. Unha aproximación á poesía tradicional da montaña lucense», por Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez (17.50 h.); e disertación sobre «A danza de espadas de Marín», con Jose Antonio Pazos Pazos e Jose Francisco Gil Dopazo (18.30 horas).

  

Cerdedo-Cotobade

Festas de San Miguel

Hoxe • Todo o día • Campo do Emigrante (Carballedo) • Misa solemne con procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Afoutes do Canón de Pau. A xornada festiva concluirá ás 15 horas cun xantar popular de irmandamento e convivencia veciñal preparado por Mesón Casa Inés e que estará amenizado pola Charanga Charandonga.