Retrospectiva no Museo de Pontevedra sobre a indumentaria tradicional

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Exposición  «Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia», que se puede ver en el Museo de Pontevedra
Exposición «Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia», que se puede ver en el Museo de Pontevedra ADRIAN BAULDE

A mostra «Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia» estará no Edificio Castelao ata o vindeiro 16 de outubro 

08 ago 2022 . Actualizado a las 09:54 h.

Ata o vindeiro 16 de outubro pode visitarse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a exposición Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia, que se inaugurou onte. Con máis de 75 traxes, a mostra reproduce cada unha das vestimentas fotografadas pola estadounidense na súas viaxes a Galicia entre 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society de Nova York. O resultado desta mostra é unha experiencia que nos permitirá coñecer a Galicia dos anos 20 a través da lente da súa cámara e as anotacións do seu caderno de bitácora.

A exhibición complementarase con máis de 150 fotografías de Anderson, algunha delas inédita. Os comisarios da exposición, José Luis Rodríguez e David Quiñones, farán visitas guiadas todos os sábados de 10.30 a 12 horas.