05 ago 2022 . Actualizado a las 18:58 h.
Escenas nos camiños. Vías de comunicación de Lérez é o título da exposición que este venres inaugurou a Asociación Cedofeita no mosteiro de Lérez, en Pontevedra. A mostra ofrece «unha visión das vías de comunicación lerezás dende dúas ópticas: por un lado, sitúanse no respectivo contexto histórico e, por outro, amósanse imaxes que recollen escenas sobre esas mesmas vías».
O resultado son unha dúcia de paneis nos que se poden atopar dende referencias a calzada romana da Gándara ata a avenida de Compostela.