Lucibela substitúe en Pontevedra a Pongo en «Con voz de muller»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Victor Delfim

04 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de que a artista angolana de kuduro, rap e pop Pongo tomara a decisión de suspender toda a súa xira europea, o Concello de Pontevedra anunciou que será susbtituida por Lucibela no ciclo Con voz de muller, que arrancará este sábado na praza da Ferraría. Natural de Cabo Verde, a artista é definida, según destacaron dende o concello, como «unha brisa fresca que axita as flores da buganvilla e a crista das ondas», de tal xeito que logrou colocarse nos últimos anos como unha das principais voces novas do país de fala lusa.