En opinión de Tino Fernández, esta proba ten «un compoñente de actividade física e deportivo, pero tamén un compoñente de diversión, de pasalo ben». O tenente de alcalde agradeceu a tódolos patrocinadores a súa implicación, «porque cando se xeran sinerxías entre as administracións e as empresas privadas, as cousas son máis doadas e se poden organizar máis eventos».
Un 38% de inscrición feminina
Serafín Martínez salientou o tirón deste evento, que leva ser celebrarse desde o ano 2019. «Estamos sorprendidos coa aceptación, xa que estamos nun momento de regreso de moitos eventos, deportivos, musicais e culturais, entre os que escoller, e a xente segue a responder coa Gladiator. O 38% dos inscritos son mulleres, unha porcentaxe moi complicada de acadar nunha proba popular. Non atopamos un sitio mellor en Galicia ou mesmo en España para facer esta proba que a Illa das Esculturas... Na Gladiator, o 90% da xente vén pasalo ben e podemos atopar a nenos de tres anos correndo, desfrutando e pasando obstáculos, mentres que o participante de maior idade ten 73 anos».