A inauguración de 25 Voilà la femme é para as súas comisarias cumprir un desexo longamente ansiado. «Houbo unha evolución moi significativa dende os primeiros traballos en 1992 ata as últimas xeracións, cunha aposta claramente definida pola igualdade e o xénero. Queriamos que esa constancia se recollera no centro máis importante de Pontevedra e tamén nun catálogo de calidade, un documento que permanece e que conta cos críticos máis importantes do Estado», destacou Yolanda Herranz.
«Estase xerando unha conciencia social en torno á necesidade de estar visibilizadas. Non se nos pode esquecer, somos máis de media humanidade», engadiu, pola súa banda, Celeste Garrido.