Quentando motores coa vista posta na Letras Galegas

PONTEVEDRA CIUDAD

Pontevedra e a súa contorna están a acoller dende hai xa varios días toda clase de eventos literarios

08 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O 17 de maio é a gran festa das Letras Galegas, que este ano están adicadas a Florencio Delgado Gurriarán, unha cita para a que Pontevedra e a súa contorna están xa quentando motores. Así, o xoves, a psicóloga e sexóloga Ana Castro Liz estivo no CIFP A Xunqueira con Aprende de tus cicatriz.ex e a libraría Paz acolleu o evento Teñamos a poesía en Paz con Charo Pita, Laura R. Cuba e Mario Regueira.

Onte, pola súa parte, Juan Parcero, acompañado do xornalista Rubén Rey, presentou A soidade selénica en Cronopios; na Sala VerSus fixo o propio Luis G. Cuntín Docampo co seu poemario O caderno de Daia; e na Sala Nemonon estivo Silvia Rodríguez Coladas coa súa opera prima Bosquesanto. Na libraría Paz, Paula Cheshire presentou o fanzine Me das ansiedad, e Yaho García dirixiu un obradoiro de iniciación ao cómic na Biblioteca de Pontevedra.

Estas iniciativas terán continuidade nos vindeiros días, de tal xeito que, hoxe mesmo, Adolfo Caamaño presentará Matar o heroe no Centro Cívico de Barro e, mañá, a Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías desenvolverá o recital poético-musical Verbas pola paz.