—O máis rendible e interesante, porque podería beneficiar a todas, é que fose un servizo externo ás empresas. Calquera que tivera interese en detectar e eliminar o ciberacoso nos comentarios podería contratalo. Da outra forma, se unha compañía compra a tecnoloxía quedan as outras sen ela.