Conmemoración do nacemento de Castelao

PONTEVEDRA CIUDAD

29 ene 2022 . Actualizado a las 21:00 h.

Este domingo, ás 12 horas, o Museo de Pontevedra, ofrecerá unha visita guiada á Sala Castelao para conmemorar a data na que, tradicionalmente, se celebra o nacemento do autor rianxeiro. A certeza sobre a data concreta aínda está por confirmar. Hai varias teorías ao respecto, aínda que sempre se considerou que é o 30 de xaneiro, como está recollido na acta parroquial e como defenden autores como Valentín Paz Andrade (amigo de Castelao), mais pola contra, no rexistro civil de Rianxo aparece o día 29. No percorrido prestarase especial atención ao Álbum Nós. Non será necesario inscribirse previamente.

Á mesma hora, haberá una visita guiada ás coleccións permanentes do Museo.