Novos Cinemas achega obras de 26 cineastas emerxentes

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

Acto de presentación del festival Novos Cinemas, en Pontevedra
Acto de presentación del festival Novos Cinemas, en Pontevedra CONCELLO DE PONTEVEDRA

O festival abrirase o próximo martes 14 coa estrea en Galicia de «A Virxe Roxa» de Marcos Nine

11 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Pontevedra acollerá do 14 ao 19 de decembro unha a sexta edición do festival Novos Cinemas, que onte presnetaron Carmen Fouces, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra; Victoria Alonso, deputada de Cultura da Deputación; Jorge Soto, vicerreitor do Campus; Jacobo Sutil, Director da Agadic e Suso Novás e Daniel Froiz, codirectores de Novos Cinemas.

Estes fixeron un repaso pola programación que terá lugar en Pontevedra ao longo de toda a semana que vén. Despois de visionar 217 filmes, procedentes de case corenta países entre os que destacan Arxentina, España ou Austria, Novos seleccionou as películas dun total de 26 cineastas emerxentes (primeiras e segundas obras) sumando un total de 24 filmes dos que 14 están dirixidos por mulleres, unha liña que en palabras de Novás «é continuista dende os últimos anos, onde prima o talento feminino nas obras que recibimos».

A cineasta María Pérez Sanz será a protagonista do foco desta edición, o primeiro que se lle dedica en España. Nel proxectaranse as súas obras Ejercicio 2 (2015), Ejercicio 3 (2013), os videoclips feitos para Tulsa Yo no nací así (2021) e Autoretrato (2021), e as súas dúas primeiras longametraxes: Malpartida Fluxus Village (2015) e Karen (2020).

Nas seccións competitivas Oficial e Latexos o festival contará con tres estreas españolas: Berg, de Joke Olthaar; Actual People, de Kit Zahuar; e La luna representa mi corazón, de Juan Martín Hsu, sendo as trece películas restantes estreas en Galicia.

Novos Cinemas presenta tamén unha proposta de apertura á marxe de modas e correntes e guiadas por unha a radicalidade estética tan singular como recoñecible, como é o de Marcos Nine. O seu último e esperado traballo, A Virxe Roxa (Recrea Films), en rigorosa estrea en Galicia. A proxección, prevista para o vinderio martes, estará acompañada pola presenza do cineasta para conversar co público asistente ao festival.

A clausura, o día 19, correrá da conta de Chema García Ibarra que pechará o festival con Espíritu Sagrado, o seu debut na longametraxe.

A venda anticipada de entradas individuais (3 €) e abonos (18€) xa está aberta a través de www.ataquilla.com. Durante a celebración do festival, as entradas e abonos poderán comprarse tamén na taquilla do Teatro Principal.