Pontevedra e Poio conmemoran o Día da Galiza Mártir

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

Os actos comezarán á unha da tarde diante do monumento na Caeira

17 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Este martes, os concellos de Pontevedra e Poio conmemorarán o Día da Galiza Mártir. A Fundación Alexandre Bóveda precisou que os actos comezarán á unha da tarde diante do monumento a Alexandre Bóveda na Caeira, mentres que, a partir das 18 horas, celebrarase unha misa na capela de San Mauro. Unha hora máis tarde, a familia e a Fundación Alexandre Bóveda realizarán a tradicional ofrenda floral no seu sartego do cemiterio de San Mauro. A familia de Antón Losada Diéguez confirmou a súa presenza en todos estes actos.

Debido a situación sanitaria derivada do coronavirus, suspendeuse o xantar e non se procederá á entrega do Premio Galiza Mártir «por respecto ás posíbeis persoas premiadas, postergando ao ano que vén a reanudación do mesmo nun contexto máis favorábel».

Tamén esta previsto que representantes da fundación e da familia de Alexandre Bóveda participen na ofrenda floral no monumento construído por subscrición popular na Praza de Cúrros Enríquez.