«Os noso fortes son a energía e o dinamismo»

PONTEVEDRA CIUDAD

ADRIÁN BAÚLDE

O gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez ofrece un concerto este sábado en Xinzo de Limia

06 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A programación cultural de Xinzo da Limia para este verán terá un momento álxido este sábado coa actuación dun dos mellores gaiteiros de Galicia. Óscar Ibáñez (Pontevedra, 1976) ofrecerá o seu espectáculo «Da Terra» da man da súa banda, tamén chamada a Tribo.

-Comezou a tocar a gaita coa agrupación Treboada de moi novo, tiña canto, 8 anos?

-Si si. desde o ano 1984 máis ou menos. É toda unha vida dedicada á música tradicional, pero non só á gaita, tamén ó baile ao canto á pandeireta... Pero despois, digamos que artisticamente centrei o camiño na gaita fundamentalmente. Incluso antes dos oito anos, xa na gardería bailaba. O contacto venme de neno neno.

-Como foi o resto da súa carreira?

-Estuven en Treboada en Poio ata os doce ou trece anos, que realmente era algo moi local. Festas patronais, nas aldeas... Fixéramos unha viaxe a Medina del Campo, pero era todo moi local. A partir dos trece comecei a formar parte da Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra, e ese foi un cambio drástico. Viña de tocar nas festas e pasei a ir de xira a Alemaña, Francia, Bélxica... Foi un cambio brutal. Aquelo permitiume entrar en contacto con moitos gaiteiros doutras latitudes, da Bretaña, de Irlanda, de Escocia, de Checoslovaquia, de Bulgaria... Foi unha etapa de aprendizaxe. Logo houbo unha parte moi importante, que a partir do 93/94 comezo a presentarme a concursos de gaita e obteño bastante recoñecemento, acadando ata o 2010 entre 40 e 50 premios. E tamén foi moi importante que, desde o 97 impartín cursos de gaita da Secretaría Xeral de Emigración, fundamentalmente cara a América Latina. En Chile, Arxentina, México, Estados Unidos...