O Memorial Ricardo Portela rende homenaxe ao gaiteiro O Xocas

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

capotillo

09 jul 2021 . Actualizado a las 10:41 h.

Dende onte e ate mañán, a Praza da Ferrería, en Pontevedra, acolle a 22 edición do Memorial Ricardo Portela, que organizan a Concellaría de Festas en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos. Nesta ocasión, a cita homenaxea ao gaiteiro, palleteiro e artesán Xaquín Míguez Rodríguez, O Xocas. Como novidade nesta edición, a Asociación de Gaiteiros Galegos presenta a reedición da biografía de Ricardo Portela (sábado, 20.30 horas), que fora editada en 1988 en vida do gaiteiro de Viascón e que conta agora con catro capítulos novos.

No marco deste Memorial, a Mostra de Artesanía de Instrumentos Tradicionais volverá instalarase no paseo Antonio Odriozola e contará con doce postos, mentres que no programa de hoxe están previstos os pasarrúas (11.30 e 18 horas) de Arghaço (Cangas do Morrazo), Ghaiteiras d'Arredor (Bueu), Gaiteiros da Rias Baixas (Pontevedra) e Herbaxeiros Gaiteiros (A Coruña). E para pechar esta xornada, o concerto de Acordeireta, «dúo composto por Patricia González Iglesias (voz, pandeireta, culleres) e Alejandro Balbuena Ojea (acordeón, zanfona, bombo e voz) que presentan o seu traballo Loitar Cantando, o seu primeiro disco».

.