O Museo de Pontevedra abre o prazo para os obradoiros de verán

PONTEVEDRA CIUDAD

07 jun 2021 . Actualizado a las 09:08 h.

O Museo de Pontevedra abrirá este luns o prazo para inscribirse nos seus obradoiros de verán cunha proposta renovada de actividades para nenos de entre 5 e 12 anos. Deste xeito, o mundo dos mosaicos romanos, a relación entre o ceo e a humanidade, a creación cerámica e a fantasía dos libros Pop-Up serán as temáticas que as crianzas explorarán a través das coleccións propias desta entidade.

Dende o Museo precisaron que a inscrición farase a través da dirección de correo electrónico educacion.museo@depo.es indicando indicarse nome e apelidos, idade, teléfono e a preferencia de participación nos diferentes obradoiros. En cada correo só poderá inscribirse un participante.