O Galegote Rock encara a súa derradeira xornada

PONTEVEDRA CIUDAD

CAPOTILLO

30 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cinco concertos ao longo do día de hoxe pecharán unha nova edición do Galegote Rock en Pontevedra, un festival que nesta ocasión estivo condicionado polas restricións sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus. Este feito determinou, entre outras cousas, que se optara por manter unicamente dous escenarios: o entorno do parque das Palmeiras e o palco de música de A Alameda.

Deste xeito, o programa previsto para este domingo arrincará neste último emplazamento ás 13 horas con Pauliña e a súa potente mestura de country, rock e blues. Unha hora máis tarde, a música desplazarase ata As Palmeiras coa rapeira A Rabela. Por este mesmo escenario pasarán posteriormente os morracenses Desjobernaos (19.30 horas) e Laura Lamontagne & Pico Amperio (22 h.) na clausura do festival. Previamente, ás 20.30 horas, está prevista a actuación de Los Rastreadores no palco da Alameda.

As portas do recinto abrirante unha hora antes de cada un dos concertos.