Esquerda preguiceira

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

PONTEVEDRA CIUDAD

26 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

ariana Mazzucato, economista, declara que a «esquerda» é preguiceira en cuestións económicas. Hai tempo esqueceu pensar en cómo producir riqueza. De momento os productores de riqueza (con custes ecolóxicos graves) son empresarios e grandes multinacionais, máis poderosas que os propios estados. Os planes quinquenais e as nacionalizacións quedaron como cousa do pasado e o socialismo ( o estado propietario) é sinónimo de fracaso. As xentes de esquerdas non saben e non estudan como producir riqueza nin pensan en industria ou agricultura, agás pequenas actividades románticas case artesáns ou hortos ecolóxicos para tendiñas medio «hippis».

O único discurso que lle queda á esquerda é o reparto dende os impostos da riqueza que está en mans privadas. Cando se trata de discutir un investimento industrial a esquerda fai oposición con razóns ecolóxicas ou anticapitalistas.

Os cidadáns quitan logo a conclusión, sen moitos siloxismos, de que a esquerda non sabe producir riqueza ou xestionar fábricas e opónse seguido á implantación de empresas. Seguramente os cidadáns que onte e antonte votaban por partidos de esquerda estean hoxe deixándoos de votar

porque non entenden tanta preguiza e tanta oposición á industria, ao turismo, á agricultura e ganderías masivas, á explotación forestal e mesmo ao urbanismo de cidades millonarias. Poñer de modelo urbanístico a Pontevedra (un exemplo) é unha curiosidade. Estramos a falar dun mundo con cidades de millóns de habitantes.