A área sanitaria de Pontevedra reduce o número de novos contaxios de covid

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Exterior del hospital Montecelo, en Pontevedra, donde este martes hay 19 pacientes covid ingresados en planta y 3 graves en la uci
Exterior del hospital Montecelo, en Pontevedra, donde este martes hay 19 pacientes covid ingresados en planta y 3 graves en la uci CAPOTILLO

O último balance do Sergas indica que se fixeron na zona 886 PCR, unha cantidade considerable tratándose da fin de semana

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A transmisión do virus covid-19 segue a estar baixo control tanto en Galicia como na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Con todo, persiste o goteo de contaxios, polo que non se pode baixar a garda. Así, segundo o notificado polo Sergas, dende o venres ás seis da tarde á mesma hora do sábado detectáronse un total de nove positivos por coronavirus na área sanitaria pontevedresa. É un número bastante máis reducido que o de xornadas anteriores.

O feito de que soamente se produciran nove contaxios e que, pola contra, se rexistraran un total de 15 altas fixo que baixara o número de casos activos, que onte se situaba nun total de 452. Cómpre sinalar que a pontevedresa é a terceira área sanitaria de Galicia co maior número de persoas contaxiadas. Así Vigo segue sendo a área máis afectada, con 849 persoas con covid-19 (5 menos que antonte). A Coruña descende ate os 628 infectados (14 menos) e despois está Pontevedra con 452.

Deses casos activos, un total de 18 persoas permanecen ingresadas en planta. Delas, once están internadas en Montecelo e sete permanecen no hospital de O Salnés. A maiores, outras nove están ingresadas na uci pontevedresa. Paralelamente, 425 cidadáns están pasando o coronavirus nos seus domicilios.

O último balance do Sergas indica que se fixeron na zona 886 PCR, unha cantidade considerable tratándose da fin de semana. No que vai de pandemia curáronse do virus na área sanitaria un total de 13.400 persoas. Igualmente, faleceron 175 pacientes.

Datos por concellos

Non só é positivo que baixaran os casos activos, senón o feito de que o fagan no concello máis grande da área: Pontevedra (que ten agora 89 casos activos, tres menos que a xornada anterior). Pola contra, Vilagarcía sumou un novo caso, chegando aos 48. Especialmente significativo é tamén o dato de Cambados, que é o único concello da zona que actualmente se atopa en máximas restrición e, polo tanto, pechado e con toque de queda. Ten 90 infectados (catro menos que o día anterior).