Primeiro capítulo de «Brincadeiras da lingua»


Pontevedra / La Voz

Ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e coincidindo co Día Internacional da Lingua Materna, a compañía pontevedresa Migallas Teatro acaba de publicar o primeiro capítulo da serie Brincadeiras da lingua. Esta iniciativa composta por unha decena de episodios «ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen en galego e que acompañan desde hai séculos as brincadeiras da cativada e dos membros maiores da familia cos máis pequenos».

Está previsto ir publicando nas redes sociais da Secretaría Xeral de Política Lingüística -Youtube, Facebook e Twitter- o resto dos capítulos, un por semana, os xoves ás 18 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Primeiro capítulo de «Brincadeiras da lingua»