Pontevedra: Os escaparates, memoria da evolución de Loureiro Crespo
Pontevedra / La Voz
Os escaparates dos comercios do entorno de Loureiro Crespo, en Pontevedra, non so serven para atisbar o interior dos negocios ou coñecer o que ofrecen, senón que tamén son o espazo onde se amosa a última das accións deseñadas no marco da campaña #eusonLoureiro. Deste xeito, acollen unha exposición para dar a coñecer a historia e a memoria do barrio.
Dende o concello de Pontevedra destacaron que esta mostra está formada por cartaces instalados nas cristaleiras dos negocios e fai un extenso percorrido pola historia recuperando a biografía de diferentes persoeiros, lugares e negocios emblemáticos xa desaparecidos, a importancia da actividade deportiva vinculada ao Campo do Progreso e a súa evolución urbana.
No hai que esquecer que foi en 1953 cando o Concello acordou bautizar como Loureiro Crespo á rúa que vai dende a avenida de Lugo ata Benito Corbal, polo que a biografía deste doutor ocupa un lugar importante na exposición. Pero tamén faise un percorrido por establecementos emblemáticos xa desaparecidos, como a fábrica de gaséoas El Ama, a discoteca Eqqus ou os fielatos, «establecementos situados nos accesos ás cidades nos que se cobraban impostos ás persoas que traían mercadorías para vender na vila».
Comentarios