O Museo aproxímase á metalurxia da Idade do Bronce

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

CEDIDA

25 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende este xoves e ata o 2 de febreiro, o Museo de Pontevedra acollerá da mostra itinerante Machados. Cinco vidas, unha historia. A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dunha exposición promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) que ofrece «unha aproximación á metalurxia da Idade do Bronce Final (c. 1300-850 a. C.) na fachada atlántica europea».

A mostra exhibirá 22 pezas metálicas, na súa maioría machadas de bronce, en cuxos traballos de investigación e restauración participou un equipo de expertos dirixido por Xosé-Lois Armada, investigador da Ramón e Cajal do Incipit e comisario da exposición. Os obxectos pertencen a antigas coleccións arqueolóxicas de Santiago da Iglesia, Federico Maciñeira e José Viqueira Barrio, que foron doadas á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre os anos 1927 e 1948.