Os proxectos audiovisuais de Alba González, Ester García, Iván Villarmea e José Manuel López, premios Maria Luz Morales 

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Alba González, Ester García, Iván Villarmea e José Manuel López, premios Maria Luz Morales. Os premios do audiovisual galego entregaronse na Deputacion de Pontevedra
Alba González, Ester García, Iván Villarmea e José Manuel López, premios Maria Luz Morales. Os premios do audiovisual galego entregaronse na Deputacion de Pontevedra Pablo Hernandez Gamarra

O acto de entrega dos galardóns celebrouse na noite do martes na Deputación de Pontevedra 

30 sep 2020 . Actualizado a las 10:18 h.

O audiovisual galego vive «unha grande revolución, con proxectos cheos de talento, que están a recibir recoñecemento nacional e internacional, con moito nivel e películas que están xirando por todo o planeta feitas no noso idioma, protagonizadas por persoas de aquí, con guionistas, directores e produtores galegos» enxalzou Carmela Silva na entrega dos IV Premios María Luz Morales, impulsados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións galegas. O acto, contou coa presenza da presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Ana Míguez, cos representantes das deputacións da Coruña, Lugo e Ourense, e foi conducido polo actor e humorista David Amor e amenizado coa montaxe e a música de María Villanueva.

O salón de plenos da Deputación de Pontevedra, con redución de aforo e protocolos debido ao covid, aplaudiu ás dúas mulleres e dous homes que este ano conseguiron os galardóns aos mellores traballos do audiovisual en Galicia.

Na modalidade de videoensaio sobre o audiovisual galego o galardón foi para Alba Gallego por «O vídeo esquecido», unha reflexión sobre o vídeo caseiro gravado en Galicia dende os 90 ata hoxe.