Segundo concurso de banda deseñada O Garaxe Hermético

PONTEVEDRA CIUDAD

18 sep 2020 . Actualizado a las 20:28 h.

A raíz do éxito do primeiro concurso de banda deseñada O Garaxe Hermético, a Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Pontevedra e Edicións Xerais convocan o segundo certame. Está dirixido a alumnos de terceiro curso e antigos estudantes, que deberán «entregar un libro rematado de banda deseñada de 48 páxinas mínimo e máximo 72 páxinas, de temática infantil ou xuvenil, a cor, en lingua galega, antes do 30 de novembro».

O gañador obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra por Xerais.

Tal e como destaca Kiko Da Silva, alma máter do Garaxe Hermético, «este concurso é único en España, e xurde da colaboración de dúas empresas culturais, O garaxe Hermético e Edicións Xerais, para apoiar aos novos creadores».