Javier de la Torre expón retratos de rock no Mercado

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

Capotillo

05 sep 2021 . Actualizado a las 19:26 h.

Unha decena de retratos de artistas do mundo do rock como Joan Jett, de The Runaways; Rudi Protrudi, de The

Fuzztones; Debbie Harry, de Blondie; Joey Ramone, de Ramones, ou Janis Joplin, conforman a exposición «Rock and Roll na Praza», que acolle o Mercado de Abastos de Pontevedra durante todo este mes. As obras do artista galaico leonés Javier de la Torre (máis coñecido na cidade como JT) pode visitarse de xeito gratuíto na primeira planta do edificio da rúa Serra tanto polas mañás como polas tardes. Os cadros son o resultado da combinación de música e arte plástica que marcaron a carreira de Javier de la Torre, chegado a Pontevedra a principios dos 90 e alumno da terceira promoción de Belas Artes.

Con máis de 15 anos de experiencia ás súas costas como DJ de rock, soul e funck en diversos locais da cidade, de la Torre expón nesta mostra retratos de artistas da escena do rock con vastas pinceladas e precisas liñas, mezclando o neoimpresionismo e o expresionismo para achegar unha nova visión das personaxes baseada na súa música e a súa personalidade.