Broken Peach, en Campolongo, e Os Xesteira, na praza de España, pecharán a xornada

La Voz

PONTEVEDRA CIUDAD

11 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademáis do concerto de Talabarte na Ferrería, están programadas outras dos citas musicais como peche da xornada deste martes das festas da Peregrina. Así, Os Xesteira ten previsto actuar na praza de España (22.30 horas), mentres que, a mesma hora, pero nun escenario diferente -as pistas de Campolongo- o fará o grupo Broken Peach.

Hoxe, e xa dentro do programa Ruando, a mañá comezará cos Gaiteiros das Rías Baixas amenizando o barrio do Gorgullón e con Duos Pontes facendo o mesmo polo centro histórico de Pontevedra. Pola tarde, tomaran o relevo Os Alegres no barrio de Campolongo e Pousos de Area na zona monumental. De igual xeito, están programados pasarrúas por Barcelos, San Antoniño e casco histórico durante boa parte da mañá.

Xa pola tarde, o programa Ven Trebellar nas Peregrinas levará actividades á Alameda (19.30 horas) e á praza da Citara (20 horas), mentres que a iniciativa Xeira das Artes recalará na praza da Curtidoira coa Banda da Moureira (20) e nos Xardíns de María Victoria Moreno (20.30) con Zeltia e Anubis Muñoz. De igual xeito, os afeccionados á música de cine teñen unha cita a partir das oito e media no xardín próximo ao río Gafos cun ensemble de metais e percusión.

Pola súa banda, Pedro Volta ten previsto ofrecer dous espectáculos (20.30 e 22.30 horas) na praza da Pedreira dentro do ciclo Pontevedra Máxica.