«Somos discípulos e vítimas de moitos estilos musicais»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Miguel Estima

O trío Talabarte leva esta noite a súa música instrumental á Ferrería

11 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Talabarte chega esta noite á praza da Ferrería (22.30 horas) «con gañas. Iso si, enganaría si non dixera que os concertos de agora son anómalos, un pouco estraños, máis fríos, quizais. Acostumándonos a esta nova situación pouco a pouco», apunta Pedro Pascual, acordeón diatónico no trío.

-Que botan de menos no escenario?

-O feito, simplemente, de non ver os xestos da xente cando actúas fai que todo sexa máis frío. Os concertos que fixemos ata o de agora discorreron todos ben, pero si se nota ese distanciamento físico. Entendo que para o público é tamén unha situación anómala. Tocamos sempre o mellor que podemos e poñemos todo no asador.

-Fala do que se coñece como nova normalidade, a nivel creativo que supuxo todo este período?

-Non sei. Cada artista tería a súa propia experiencia. En xeral, toda esa situación tan anómala e antinatura fixo que sacaran, sobre todo durante o confinamento, as partes mellores que teñen que ver máis coas emocións ou con querer dicir cousas que antes, tal vez pola ausencia de tempo ou polo estilo de vida, non te permitía facer. A nós, non nos cambiou. Tiñamos pensado un proxecto que estamos empezando a desenvolver independentemente da crise sanitaria.

-Fala do seu próximo disco?

-Si, este terceiro disco por fin vamos a facelo cantando. Levamos quince anos facendo música instrumental e, a partir de agora, vamos a facer un disco cantado, non por nós, senón contando cun elenco de cantantes de Galicia. Más alá diso, seguimos sendo parecidos, aínda que si que imos apostar por unha música máis orgánica. O camiño de Talabarte vai seguir inalterable.

-Para quen no coñeza a música de Talabarte, como a definiría?

-É un grupo instrumental, exclusivamente, e o nexo de unión son as músicas tradicionais de Galicia, da península Ibérica e tamén atopa a inspiración nas músicas do mundo, nas músicas tradicionais doutros lugares. A estética é moi acústica con tres instrumentos de madeira -violín, acordeón diatónico e contrabaixo-. En canto a música, somos discípulos e vítimas de moitos estilos polo que non damos por pechado ningún aspecto musical en canto ao tratamento das pezas aínda que sexan tradicionais ou melodías moi arcaicas. Construímos con ese xerme sinxelo un discurso complexo, con improvisacións, con harmonías, ás veces, que nos recordan á música do cine ou a música máis contemporánea. A nosa música é atemporal. Podía terse escoitado hai trinta anos e poderase escoitar dentro doutros trinta. Somos moi libres.

-Que supuxo o premio Martín Códax para Talabarte?

-Os premios son coma unha palmadiña nas costas e o Martín Códax, que é un premio que outorga a crítica da profesión, pois máis. Ese mesmo ano recibimos o premio Opinión, que xa parte da crítica especializada. Levamos quince anos traballando xuntos, aínda que temos máis anos de profesión. A partir dun premio non podes dicir que as cousas van cambiar. Non cambian nada. Nin sequera economicamente, porque somos dos poucos gremios que os premios no teñen dotación económica. Son un recoñecemento que sempre é superagradable.