Pedro Volta: «Un mago ten que ilusionar á xente, pase o que pase»

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMON LEIRO

O ilusionista pon en marcha un campamento de verán de maxia para nenos de 8 a 12 anos

19 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

máis máxico que viviu o ilusionista Pedro Volta (Pontevedra, 1977) no confinamento polo covid-19 foi recuperar o sabor do «tempo lento da infancia». O daqueles veráns que non daban pasado... para a nosa felicidade. «Pode parecer contraditorio, pero neste tempo volvín ilusionarme de novo, redescubrín a ilusión que tiña de cativo, a de estar na casa con tempo, facendo as cousas que che interesan», comparte Volta, que impartirá o campamento virtual de maxia para rapaces de 8 a 12 anos Escoliña de Merlíns e Morganas (ataquilla.com, cidadedacultura.gal). O campamento combina as sesións virtuais de luns a mércores con shows os sábados na Cidade da Cultura, considerando os límites de aforo convenientes, e terá lugar entre o 22 de xuño e o 18 de xullo en catro quendas. «A idea foi combinar o mundo virtual, que esixe a axilidade mental que axuda a traballar a maxia, e o mundo real. Trátase de ilusionar aos rapaces, de darlles a oportunidade de mergullarse na maxia con principios científicos, con principios matemáticos, ilusións ópticas e cousas cotiás, como poden ser billetes ou moedas. Poden aprender uns trinta trucos de maxia cada día», avanza o mago galego sobre unha iniciativa que cobrou forma no confinamento, que fai un percorrido polos magos da historia e formula aos rapaces retos para facer eles na casa. «Eu practiquei máis maxia que nunca e tiven a oportunidade de estar mes e medio na casa coa miña filla de 10 anos, que me axudou no proceso de creación do campamento. Iso é maxia! A maxia é, a fin de contas, disfrutar do momento, veña como veña», asegura.

Un manual máxico

Moedas, cordas, maxia científica, globo?exia e sombras chinesas serán parte destas máxicas clases de verán de Pedro Volta, que inclúen como manual o seu libro O pazo máxico.

«Un mago ten que ilusionar á xente pase o que pase», conclúe Volta.