A música inicia a súa desescalada

O Concello de Pontevedra programa o primeiro gran concerto da era post-covid fusionando Voices e As Matinés do Principal


Dous dos ciclos musicais máis interesantes de Pontevedra, As Matinés do Principal e Voices, víronse dalgún xeito afectados pola pandemia do coronavirus. Con este trasfondo, a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, presentou este venres unha das grandes apostas do Concello capitalino cara á vota á normalidade no que se refire á música en directo.

Deste xeito, a concelleira defendeu a necesidade de recuperar o pulso cultural da cidade, pero «sen descoidar as medidas de seguridade e adaptándonos aos requerimentos das autoridades sanitarias». Así, tras destacar a próxima reactivación da actividade no Teatro Principal e no Pazo da Cultura, anunciou o primeiro gran concerto da era post-covid: «Xabier Diaz e as Adufeiras de Salitre estaban programandas para As Matinés do Principal o pasado mes de maio e Guadi Galego para outubro dentro de Voices. Decidimos facer unha fusión de ciclos onde ambos presenten os seus traballos».

Fouces asegurou ser consciente da aposta que este concerto implica tendo en conta «a cantidade de público que ambos moven». Non obstante, a concelleira destacou que Pontevedra conta con espazos, caso da explanada do Pazo da Cultura, que permitirían levando a cabo con «todas as medidas e adaptando e deseñando o espazo en concreto para este evento. Faremos un esforzo enorme de produción e inversión para que sexa un espazo seguro onde gozar sen medo e con tranquilidade».

O Concello, de igual forma, espera que esta cita do 4 de xullo «teña impacto no sector da hostalaría e que a xente que se achegue ao concerto visite e consuma -con sentidiño- na nosa cidade». O custe das entradas, que se porán a venda o 10 de xuño a través de Ataquilla.com, é de 18 euros máis gastos de xestión. Está previsto un desconto do 20 % para desepregados.

Pola súa banda, Xabier Díaz resaltou o pasado adiante do Concello de Pontevedra, que espera sexa imitado por outras Administracións: «Dos vinte concertos que tería entre xullo e agosto, hai polo menos 16 que non sei se se van levar a cabo ou non. Temos a maior parte do traballo entre parénteses. Iniciativas como esta demostran que si se poden facer cousas cando hai intención», apuntou en referencia á primeira das actuacións da xira As catedrais silenciadas, que non puido nin arrancar ao decretarse o estado de alarma.

Guadi Galego tamén comprobou como o coronavirus trastocaba os seus plans obrigándolle a suspender a xira do seu novo traballo discográfico, Immersión, tras so media ducia de concertos. Recoñeceu estar emocionada de cara ao 10 de xullo, xa que «non sabiamos se isto ía pasar, se iamos poder tocar, se o país estaba preparado para dar soporte. Estou moi contenta de que sexa nesta cidade que sempre apostou pola cultura e para min é a cidade cultural de Galicia».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A música inicia a súa desescalada