Todo o Castelao do Museo de Pontevedra, a só un click 

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

emilio moldes

A guía da sala que lle adica a institución cultural ven de ser actualizada con máis de 360 imaxes, fotografías e documentos

18 may 2020 . Actualizado a las 11:01 h.

Todo o Castelao do Museo de Pontevedra está ao alcance dun click no ordenador dos internaturas, grazas ao traballo realizado polo alumnado de Galego da Escola Oficial de Idiomas, que acaba de actualizar a Guía da Sala Castelao con máis de 360 ligazóns de imaxes, fotografías e documentos que permiten ver as obras comentadas e consultar interesantes informacións relacionadas con elas, según informa la EOI. La intención es que esta guía se sirva como «práctica e amena ferramenta para achegarse á vida e obra de Castelao». Ademais precisan que «ao se tratar dunha guía dixital, pódese usar mentres se visita a propia sala ou a modo de visita virtual». A Guía da Sala Castelao está dispoñible na rede a través da ligazón: https://guiacastelao.home. blog/

Os promotores da iniciativa inciden en que as imaxes ligadas «non se limitan ás das obras expostas senón que tamén amosan aquelas que influíron nas creacións de Castelao como por exemplo, a ilustración da pintora rusa Natalia Goncharova na que se inspirou para realizar o anuncio do diario Galicia ou a ilustración do debuxante francés Paul Poncet que lle suxeriu o seu ben coñecido cartel a prol do Estatuto de Autonomía». Nese sentido, explícase que «son moitas tamén as ligazóns que nos convidan a coñecer con máis profundidade a vida e a obra de persoas vinculadas a Castelao e que son fundamentais na historia contemporánea de Galicia como Virxinia Pereira,  Alexandre Bóveda ou Ánxel Casal». Por outra parte, tamén se permite acceder a documentos que se centran en cuestións que no seu día xeraron controversia «como as opinións expresadas por Castelao sobre Picasso ou Paul Klee no seu Diario 1921 ou a autoría da música da famosa canción Lela».